Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025.

O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.

Sei cantar e sei bailar

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/188285/image_1920?unique=1b44af0

15,50 €

14,90 € (sin IVA)

14.9 EUR 14,90 €

14,90 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Mejuto, Eva
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 40
  • ISBN: 9788411106184
  • Fecha de publicación: 16/01/2025
  • Peso: 0.363

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables