Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a consigna máis canalla: «La guerra è bella!». Onde se foron de vacacións as conciencias? «A revolución dos vagalumes» denuncia o conformismo das elites servís, intelectuais e mediáticas, e desarma os negacionismos. As palabras queren volver escoitar e dicir. Resistir ante este feísmo inmoral. Exercer o dereito a soñar sen medo. A humanidade comparte coa natureza unha esperanza sustentable, un reduto sagrado: a pulsión creativa, xerminal. Unha constelación do espertar.

A revolución dos vagalumes

https://soluziono.com/web/image/product.template/292019/image_1920?unique=eb7b098

18,50 €

17,79 € (sin IVA)

17.79 EUR 17,79 €

17,79 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Rivas, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 168
  • ISBN: 9788411108928
  • Fecha de publicación: 08/10/2026
  • Peso: 0.261

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables