Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará. Desde esta óptica, o Instituto de Estudos das Identidades, encadrado no Museo do Pobo Galego, decidiu pór en marcha uns foros de reflexión e debate sobre o grave reto demográfico que afronta o País. Este libro nace desa iniciativa e das achegas dunha escolma de expertos e persoeiros que avalían as causas, consecuencias e remedios precisos que atinxen a nosa baixa fecundidade como ser colectivo. Os desafíos non se superan ignorándoos. Tampouco este. Por iso, situar o problema na axenda e na ágora públicas resulta imprescindible. O compromiso co futuro do noso pobo demanda que se fale con paixón e rigor sobre como superar esta situación, na que levamos instalados máis de dúas décadas. Galicia sobreviviu a unha chea de circunstancias adversas durante séculos, pero nunca encarou un reto semellante ao que vén padecendo desde hai anos. Morren máis galegos dos que nacen, e con ese déficit vital o País vai esmorecendo. Pero non é tempo de laios, nin de remorsos ou reproches. É tempo de espertar e traballar xuntos por unha Galicia vizosa e nova, orgullosa do seu pasado e afouta cara ao seu porvir.

Galicia: un pobo con futuro?

https://soluziono.com/web/image/product.template/52831/image_1920?unique=a6ccbb6

19,95 €

19,18 € (sin IVA)

19.18 EUR 19,18 €

19,18 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Blanco Desar, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 264
  • ISBN: 9788499147826
  • Peso: 0.457
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables