Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, " na vida o único que queda é o amor " . E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

O único que queda é o amor

https://soluziono.com/web/image/product.template/131038/image_1920?unique=a6ccbb6

15,50 €

14,90 € (sin IVA)

14.9 EUR 14,90 €

14,90 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Fernández Paz, Agustín
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 176
  • ISBN: 9788499146744
  • Peso: 0.315
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables