En Todo sobre o fútbol galego temos unha visión panorámica do fútbol en Galicia, un enfoque que permite ver en perspectiva e dun xeito ecuánime a historia deste deporte desde os seus inicios até os nosos días. Precisabamos saber máis dos grandes xogadores e xogadoras, da canteira ou foráneos, que militaron nos nosos clubs: cal era a súa forma de xogar, como se enfrontaron á vida nun terreo de xogo e que sentiron e dixeron nos momentos clave. Tamén cumpría revisar o paso dos diferentes equipos galegos polos torneos máis importantes, a actitude das afeccións, os acordos acadados polos presidentes e as tácticas dos adestradores. Todo sobre o fútbol galego dá resposta a estas preguntas. Presenta a información en forma de amena crónica xornalística, con humor e mesmo con certo toque literario. Viaxa no espazo e no tempo asistindo a cada partido decisivo para lle dar voz aos protagonistas. Ofrece os datos salientables e afonda nos temas cando estes o requiren. Este é, en definitiva, un libro escrito para todos e para todas, mesmo para aqueles aos que non lles gusta o fútbol.

Todo sobre o fútbol galego

https://soluziono.com/web/image/product.template/120630/image_1920?unique=a6ccbb6

19,95 €

19,18 € (sin IVA)

19.18 EUR 19,18 €

19,18 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Freire Cordeiro, Carlos
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 232
  • ISBN: 9788499144467
  • Peso: 0.564

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables