«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega. A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos -malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista- e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro. - Contén DVD con 50 entrevistas.

Inmunda escoria

https://soluziono.com/web/image/product.template/121583/image_1920?unique=a6ccbb6

29,95 €

28,80 € (sin IVA)

28.8 EUR 28,80 €

28,80 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Gurriarán, Ricardo
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 528
  • ISBN: 9788499141039
  • Peso: 0.914

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables