Olalla é unha regular estudante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumpri-la "penitencia" de atravesa-lo soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga. O achado dun óso desencadea a aventura secreta de toda a panda. Polo medio, diferentes situacións que amosan as relacións coas persoas adultas, a amizade, as mancaduras, as vacacións, a escola, as trasnadas, os agasallos de Nadal, etc. O desenlace feliz, co descubrimento no soto da casa dunha tumba enigmática e dunha bolsiña de coiro con sete aneis de ouro. Unha casa abandonada, da que morreron tódolos seus moradores hai moito tempo, e unha panda de rapaces e rapazas son os ingredientes deste libro de aventuras, que obtivo o Premio Merlín an súa primeira edición no ano 1986.

A casa abandonada

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/121090/image_1920?unique=a6ccbb6

9,50 €

9,13 € (sin IVA)

9.13 EUR 9,13 €

9,13 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Heinze, Ursula
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 128
  • ISBN: 9788499140599
  • Peso: 0.214

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables