Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán que idear mil e unha artimañas para manter viva a intensa amizade que os une. Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máis importantes realizadas pola literatura infantil galega até a actualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.

Valados

https://soluziono.com/web/image/product.template/121063/image_1920?unique=a6ccbb6

11,50 €

11,06 € (sin IVA)

11.06 EUR 11,06 €

11,06 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Fernández Paz, Agustín
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 72
  • ISBN: 9788499140490
  • Peso: 0.326

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables