Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das "faíscas da esperanza" das que falou Walter Benjamín. Manuel O´Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do "home rebelde" de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos "meniñeiros", os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: "Quen lle teña medo ao mar que non embarque!"

Os Grouchos

https://soluziono.com/web/image/product.template/79921/image_1920?unique=a6ccbb6

20,95 €

20,14 € (sin IVA)

20.14 EUR 20,14 €

20,14 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Rivas, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 296
  • ISBN: 9788497828505
  • Peso: 0.439

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables