Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over". Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.

Game over

https://soluziono.com/web/image/product.template/137614/image_1920?unique=a6ccbb6

16,95 €

16,30 € (sin IVA)

16.3 EUR 16,30 €

16,30 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Losada, Carlos
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 80
  • ISBN: 9788497827836
  • Peso: 0.284

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables