Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas. En Puebla pretende ocultar os dous mecanoscritos, que conseguiu salvar tras a última incautación da súa computadora, onde recolleu as súas investigacións sobre o vegliota, unha lingua que durante un tempo chegou a ter a súa pequena idade de ouro, mais que agora desaparece irremediablemente tras a imposición da lingua oriental como a única oficial. O profesor de vegliota de Manuel Veiga é, en parte un relato policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de ciencia ficción, que se ofrece como un laio desesperado por unha perda. Unha novela impactante, talvez un ensaio sobre o futuro da lingua, sobre as posibilidades de sobrevivir sendo diferentes, sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as contradicións que supón esta loita.

O profesor de vegliota

https://soluziono.com/web/image/product.template/162641/image_1920?unique=a6ccbb6

19,50 €

18,75 € (sin IVA)

18.75 EUR 18,75 €

18,75 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Veiga Taboada, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 144
  • ISBN: 9788497827065
  • Peso: 0.229

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables