Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio... A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos de concienca ideolóxica e represión brutal; xa que logo non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera. Pero, aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados dende o punto de vista masculino. Non podería escribirse desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión.

Cólera

https://soluziono.com/web/image/product.template/121464/image_1920?unique=a6ccbb6

15,95 €

15,34 € (sin IVA)

15.34 EUR 15,34 €

15,34 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Queizán, María Xosé
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 64
  • ISBN: 9788497826129
  • Peso: 0.109

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables