Este libro, segundo da colección "Lendas de Galicia", preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar. A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobr vidas de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real..., e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.

A flor da auga

https://soluziono.com/web/image/product.template/155697/image_1920?unique=a6ccbb6

17,50 €

16,83 € (sin IVA)

16.830000000000002 EUR 16,83 €

16,83 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Miranda, Xosé
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 176
  • ISBN: 9788497824286
  • Peso: 0.274

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables