Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega. A reflexión sobre a ansia de narrar, a experien-cia vivificante como lector, o diálogo coa creación e o tempo contemporáneo, ou a permanente busca de sentido e trascendencia á propia vida constitúen algúns eixos temáticos dun libro onde a biografía e a obra literaria de Suso de Toro vanse entretecendo como saba de liño. Acompáñase o libro de varios textos inéditos, como os seus primeiros relatos, publicados aos dezaseis anos, ou as "Media docena de vidas", modestas autobiografías que retratan as diversas máscaras do autor de ficción e ensaísta para que cada lector escolla a quela que mellor conveña.

Conversas con Suso de Toro

https://soluziono.com/web/image/product.template/162336/image_1920?unique=a6ccbb6

22,50 €

21,63 € (sin IVA)

21.63 EUR 21,63 €

21,63 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Pedrós-Gascón, Antonio
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 352
  • ISBN: 9788497823739
  • Peso: 0.526

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables