O lago das garzas azuis de Alfonso Pexegueiro é un Conto-Poema que ten como protagonista o mundo infantil. As garzas azuis viven nun lago que hai debaixo das areas do deserto de Nabalpam... Os nenos e as nenas de todo o mundo seguen polo serán as garzas ata ese deserto onde se converten en Reiseñores Brancos e así poden chegar ao Lago das Garzas para xogar e vivir, sen seren collidos polos Cazadores de Reiseñores Brancos... O lago das garzas azuis é definido polo seu autor como "un conto moi longo sobre unha mentira moi grande escrito dunha maneira moi curta e moi rara, mais é un conto de nadal para os nenos da fame que non existen"; en definitiva, unha historia sobre os nenos africanos que morren de fame e medo e aparecen como fríos números das estatísticas. Esta obra foi definida por Manuel Vázquez Montal-bán como "un relato poético absolutamente maxistral"; a súa vez Federico Mayor Zaragoza, presidente da UNESCO, como "un conto conmovedor escrito coa esperanza de que os soños nos axuden a descubri a realidade".

O lago das garzas azuis

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/163294/image_1920?unique=a6ccbb6

13,50 €

12,98 € (sin IVA)

12.98 EUR 12,98 €

12,98 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Pexegueiro, Alfonso
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 112
  • ISBN: 9788497823623
  • Peso: 0.198

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables