Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Álvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas. Este libro reúne os seus poemarios coñecidos -Poemas de ti e de min (1949) e O tempo desancorado (Poemas para María Blázquez) (1988)- e tamén, por vez primeira, un abondoso conxunto de composicións dispersas e inéditas, xunto cunha escolma de prosas galegas da súa autoría (algunhas tan importantes como "Terra de matute ara Castelao"), rematando cun apéndice onde se reproducen diversos textos que contribúen a explicar os valores da súa creación literaria. A presente edición ábrese cun limiar de Xesús Alonso Montero, auténtico incitador deste volume, que ao tempo é un significativo estudo arredor da faceta humana e literaria de Emilio Álvarez Blázquez. Ademais, do rigorso estudo literario e mais da fixación dos textos responsabilizouse o poeta e ensaísta Miro Villar.

Poesía galega completa e textos en prosa Emilio Álvarez Blázquez

https://soluziono.com/web/image/product.template/162608/image_1920?unique=a6ccbb6

17,95 €

17,26 € (sin IVA)

17.26 EUR 17,26 €

17,26 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Álvarez Blázquez, Emilio
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 216
  • ISBN: 9788497823043
  • Peso: 0.225

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables