Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época. Nela cómpre salientar dous elementos fundamentais: conforma, por unha banda, unha mostra do traballo artístico que se facía en plena ditadura franquista desde unha perspectiva rehabilitadora nun contexto ofegante para as nosas letras e, pola outra, sobrancéase a calidade inherente a da obra, que a converte nun texto de enorme interese. Vinte mil pesos crime, a mellor obra dramática de Bernardino Graña, conxuga o reflexo dunha sociedade pechada cara ao exterior cunha cosmovisión raiana ao nihilismo, empregando técnicas homologables ao contexto teatral europeo da época. A presente edición, preparada por Heitor Mera, vai precedida dun amplo estudo biográfico sobre o autor e sobre o contexto do teatro galego da época.

Vinte mil pesos crime

https://soluziono.com/web/image/product.template/37958/image_1920?unique=a6ccbb6

17,95 €

17,26 € (sin IVA)

17.26 EUR 17,26 €

17,26 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Graña, Bernardino
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 144
  • ISBN: 9788497823029
  • Peso: 0.161

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables