Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino. Un militante comunista que foxe da barbarie franquista; un Rubén transformado en Robinsón de auga doce; unha muller mariñeira con catro fillos, viúva da Guerra Civil, que se defende a tiros... son algúns dos inesquecibles personaxes deste libro, individuos empuxados por unha forza descoñecida que defenden o seu propio orgullo no medio dunha natureza implacable. Con arrecendos á literatura de Álvaro Cunqueiro e de Italo Calvino, Darío Xohán Cabana parte da tradición oral para tecer estes relatos nostálxicos onde o realismo e a fantasía estreitan as súas mans case imperceptiblemente, creando mundos dunha maxia engaiolante e poderosa. III PREMIO CIDADE DE LUGO

Vidas senlleiras

https://soluziono.com/web/image/product.template/79415/image_1920?unique=a6ccbb6

19,50 €

18,75 € (sin IVA)

18.75 EUR 18,75 €

18,75 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Cabana, Darío Xohán
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 144
  • ISBN: 9788497823005
  • Peso: 0.231

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables