Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo. Catro ensaios onde se defende a concepción da literatura como un traballo racional, unha actividade pensante relacionada coa realidade e coa verdade. Textos nos que se analiza o tránsito das ciencias ás artes para recuperar os principios da Ilustración (a verdadeira revolución das palabras) presentes no feminismo racionalista. Recuperar a escrita como unha forma de resistencia cultural, buscar o compromiso literario asumindo a condición humana, desmitificar a escrita comedida e conformista, propóñense como estratexia para reintroducir o discurso racional no ámbito literario e político.

Racionalismo político e literario

https://soluziono.com/web/image/product.template/162580/image_1920?unique=a6ccbb6

13,50 €

12,98 € (sin IVA)

12.98 EUR 12,98 €

12,98 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Queizán, María Xosé
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 96
  • ISBN: 9788497821179
  • Peso: 0.149

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables