Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza "Tres pintores", a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, "Tres pintores" relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo-caralla-intelecto-bohemio-contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.

Tres pintores

https://soluziono.com/web/image/product.template/38197/image_1920?unique=a6ccbb6

17,95 €

17,26 € (sin IVA)

17.26 EUR 17,26 €

17,26 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Cid Cabido
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 104
  • ISBN: 9788491214526
  • Peso: 0.179

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables