Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador. O «tornarratos» -a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro- proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.»

O canastro sen tornarratos

https://soluziono.com/web/image/product.template/78842/image_1920?unique=a6ccbb6

19,95 €

19,18 € (sin IVA)

19.18 EUR 19,18 €

19,18 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Rodríguez, David
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 376
  • ISBN: 9788491213291
  • Peso: 0.503

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables