Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supón unha profunda reflexión sobre a identidade e a represión lingüística, ambientada na Gran Bretaña de hoxe. "Crónica Córnica" é unha novela que sorprende e destila amor polas palabras e as linguas en cada páxina, abordando un tema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, de tintura saramaguiana, técese a través dun personaxe colectivo que se encarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras, pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composición polifónica que adopta as formas do relatorio e da crónica onde, por veces, é máis importante o non dito, o diálogo imaxinario, do que a voz directamente expresada. Unha novela contemporánea, que pode ser lida en moitas claves, que pivota sobre a tríade lingua, identidade e sociedade, e foi enunciada non desde o discurso científico, senón desde a fabulación murmurada de boca a orella. Un intenso e metafórico berro literario a favor das linguas e contra a marxinación e as desigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos.

Crónica Córnica

https://soluziono.com/web/image/product.template/38288/image_1920?unique=a6ccbb6

19,50 €

18,75 € (sin IVA)

18.75 EUR 18,75 €

18,75 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Coimbra, Francisco
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 280
  • ISBN: 9788491211174
  • Peso: 0.426
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables