A Radoslav non lle queda máis remedio que gorecerse da chuvia nunha vella taberna fronte á entrada principal do porto, cando unha intensa bátega de auga o sorprende á saída do traballo. Nevenka Teodosic, a contumaz profesora de linguas románicas que agarda a inminente saída do cárcere de Goran, contempla as luces de neon sobre as pozas de auga no asfalto da cidade durante a viaxe en autobús á casa. Aspasia comeza a afacerse ás consecuencias neurolóxicas da enfermidade e, malia a adversidade, non evita sentirse feliz, coma Anja, a moza que non sabe se quere ser poeta, mecánica ou bióloga. "Non hai outro camiño" conta a historia de Staro Selo, unha urbe ao pé do mar na que os seus habitantes teiman, a forza de sobrevivir, por tecer unhas estrañas relacións que son as que, finalmente, acaban por dar carácter a unha cidade que semella querer pasar anónima a forza de autoridade, asfalto e chuvia.

Non hai outro camiño

https://soluziono.com/web/image/product.template/163559/image_1920?unique=a6ccbb6

18,50 €

17,79 € (sin IVA)

17.79 EUR 17,79 €

17,79 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Xubín, Isaac
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 248
  • ISBN: 9788491210962
  • Peso: 0.377
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables